martes, 8 de febrero de 2011

Excursión á VOZ DE GALICIA (Iván)



Hoxe, martes 8 de febreiro, os alumnos de 3º da E.S.O. do colexio Artai fomos de excursión a Voz de Galicia, no polígono de Sabón. A min pareciume unha visita moi interesante, xa que se aprenden moitas cousas importantes.
A visita estivo dividida en distintas partes:

  • En primeiro lugar ensináronnos o plató de televisión










  • Despois fomos a sala de máquinas onde nos explicaron como funcionafa cada unha e que función tiña.








  • Ademais vimos o almacén onde gardan as bobinas de papel, que a min pareceronme impresionantes, xa que cada unha delas contiña 21 km de papel, e según nos dixeron ali tiñan papel polo menos pa 2 meses, e gastan 5 delas ao dia, así que se os meus cálculos son correctos alí deberia haber aproximadamente 300 bobinas, que conteñen 6400 km, o cal me chamou bastante a atención.

  • Por último fomos ao museo, onde tiñan expostos mais de 2000 periódicos de todolos tipos e datas, e mais de 5000 gardados. 

















  • Ao salir das instalacions da Voz de Galicia veu o mais divertico: fomos ao dolce vita, pero disto mellor non contar nada.