martes, 9 de noviembre de 2010

ACTIVIDAD 5.1

EMPRESAS DE TEMPO LIBRE
As empresas de tempo libre desenvolven un tipo de actividade caracterizado por unha relativa indefinición normativa, o que dificulta a súa correcta delimitación. Así mesmo, existe un importante número de entidades (outras empresas, pero tamén asociacións, ONG, etc.) que ofrecen servizos similares aos das empresas de tempo libre, o que contribúe a aumentar a confusión conceptual que rodea  esta actividade.

En definitiva, as empresas de tempo libre poden ser definidas como aquelas organizacións de carácter privado e ánimo de lucro que se dedican á xestión, organización e/ou realización de actividades lúdico-deportivas dirixidas á utilización do tempo de lecer dos seus participantes dunha forma positiva.
Outra das características das empresas de tempo libre é a grande heteroxeneidade de actividades que oferta: actividades deportivas, culturais, artísticas, en contacto coa natureza, manualidades, xogos...



CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DA EMPRESA TIPO
  • CONDICIÓN XURÍDICA
          Sociedade Limitada
  • LOCALIZACIÓN
          Carballo, C/Coruña
  • INSTALACIÓNS
          Local de 100 m2
  • CLIENTES
          Principalmente xovenes.
  • FERRAMENTAS DE PROMOCIÓN
          Anuncios en prensa local, difusión de folletos e anunciación na internet.
  • VALOR DO INMOBILIZADO/INVESTIMENTO
          18.000 euros
  • Vantaxes: as principais vantaxes son que hai pouca competencia e moita demanda. É un negocio que non necesita demasiada inversión.
  •  Desvantaxes: as principais desvantaxes son que hai que dispoñer dun local moi amplo e renobar constantemente o material para non quedar anticuados.

1 comentario:

  1. Ben a actividade, pero hai que razonar algo máis as vantaxes e desventaxas do negocio

    ResponderEliminar